LIBRE CIRCULACIÓN 5º

✈✈✈✈✈Xa comezamos a libre circulación do segundo trimestre!✈✈✈✈✈

Neste trimestre idea a ter dúas propostas fixas e logo varias propostas optativas, das que só debedes escoller dúas. 

Hai que pensar antes de comezar! Debedes escoller ben e organizar o voso tempo. Por iso, o primeiro paso, antes de arrancar, é crear o voso PASAPORTE. Nel aparecen todas as actividades e, a medida que as ides completando, eu iréivolas sellando, coma se dun pasaporte real se tratase.

.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-. ACTIVIDADES FIXAS .-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.

ACTIVIDADE 1:  A HISTORIA DA HUMANIDADE “DETECTIVES DA HISTORIA”

Coa axuda da liña do tempo, dos diferentes libros que podedes atopar por aquí e con internet, debedes :
1º. Identificar o feito histórico que representa cada unha das imaxes.
2º. Escribir no espazo que hai ao lado da imaxe, de que feito se trata ( de forma moi, moi resumida)
3º. Colocar a imaxe na etapa histórica que lle corresponde (Fíxate que en cada etapa xa están marcados o número de espazos)


ACTIVIDADE 2: AXENCIA DE VIAXES: 
"VIAXES OUTES"

Nesta actividade debedes escoller unha das 17 comunidades españolas e crear unha presentación en Canva.

   QUE TEÑO QUE FACER?

-               -Creade unha presetación no programa Canva cun mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10.

-               -Debedes recoller información sobre a súa xeografía, demografía, historia, lugares máis  representativos que visitar, .... (ver páxina de mínimos)

-                - Tamén debedes elaborar unha visita guiada a un espazo natural da vosa comunidade. Debe incluir   un mapa coa ruta, o prezo da entrada ( ou se é gratuito) e que podemos ver alí.

                   👀 PÁXINAS WEB DE INTERESE :

https://administracion.gob.es/pagFront/espanaAdmon/directorioOrganigramas/comunidadesAutonomas/comunidadesAutonomas.htm 

https://www.ign.es/web/ane-datos-geograficos/-/datos-geograficos/datosPoblacion?tipoBusqueda=CCAA 

https://www.miteco.gob.es/es/parques-nacionales-oapn/red-parques-nacionales/parques-nacionales.html 

https://redeuroparc.org/espacios-naturales-protegidos-acreditados/ 

 https://www.spain.info/es/

 

.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-. ACTIVIDADES OPTATIVAS .-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.

Agora é o turno de investigar sobre a IDADE MEDIA. Como verdadeir@s cabaleir@s medievais deberedes enfrontarvos a un torneo con 5 lides. Desas cinco propostas só debedes escoller dúas. Tendes toda a información na seguinte infografía.

 

 



 

No comments:

Post a Comment

SOPA DE 6ºA!