LIBRE CIRCULACIÓN 6º

✈✈✈✈✈✈ Xa comezamos a libre circulación do 2º trimestre!✈✈✈✈✈✈

Durante este trimestre teredes que levar a cabo tres actividades, ás que lle teredes que sumar unha máis nunhas semanas. 

Hai que pensar antes de comezar! Debedes escoller ben e organizar o voso tempo. Por iso, o primeiro paso, antes de arrancar, é crear o voso PASAPORTE. Nel aparecen todas as actividades e, a medida que as ides completando, eu iréivolas sellando, coma se dun pasaporte real se tratase.

 

ACTIVIDADE 1:  A HISTORIA DA HUMANIDADE “DETECTIVES DA HISTORIA”

Coa axuda da liña do tempo, dos diferentes libros que podedes atopar por aquí e con internet, debedes :
1º. Identificar o feito histórico que representa cada unha das imaxes.
2º. Escribir no espazo que hai ao lado da imaxe, de que feito se trata ( de forma moi, moi resumida)
3º. Colocar a imaxe na etapa histórica que lle corresponde (Fíxate que en cada etapa xa están marcados o número de espazos)


ACTIVIDADE 2: AXENCIA DE VIAXES: 
"VIAXES OUTES"

Nesta actividade debedes escoller un dos 27 países da Unión Europea e crear unha presentación en Canva.

   QUE TEÑO QUE FACER?

-               -Creade unha presetación no programa Canva cun mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10.

-               -Debedes recoller información sobre a súa xeografía, demografía, historia, lugares máis  representativos que visitar, .... (ver páxina de mínimos)

-                -Tamén debedes elaborar un presuposto real para unha viaxe de dúas persoas, con voo dende Santiago de Compostela e tres noites de hotel nunha cidade do país escollido.

                   👀 PÁXINAS WEB DE INTERES

    https://european-union.europa.eu/index_es

 https://www.hablamosdeeuropa.es/es/Paginas/Los-Estados-Miembros.aspx

https://www.booking.com/ 

https://www.skyscanner.es/ 

 

ACTIVIDADE 3: PODCAST CON HISTORIA.

1º. En parellas, debedes ESCOLLER un dos personaxes que aparecen na lista. Pensade ben a que momento do pasado vos queredes remontar! Logo, marcádeo para que ninguén máis e escolla. 

2º. INVESTIGADE sobre a vida e a as actividades que levou a cabo o voso personaxe e que fixeron que fora recordado. 

3º. Imaxinade que podedes entrevistar a ese personaxe. Que cousas lle preguntaríades? E tendo en conta o que averiguástedes, que vos respondería? ELABORADE entre 6 e 8 PREGUNTAS coas súas acorrespondentes RESPOSTAS. 

4º. Unha vez elaborada e corrixida a entrevista, gravade un PODCAST.


 

No comments:

Post a Comment

SOPA DE 6ºA!